Amosando publicacións coa etiqueta servomotores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta servomotores. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2015

Montando a impresora para o laboratorio de robótica

Non era sen tempo, pero o finnnnn temos impresora propia para o noso laboratorio. Despois de máis dun ano traballando de prestado gracias a Ricardo e Ton, que xenerosamente puxeron a disposición do clube as súas impresoras, o fin temos a posibilidade de ter unha propia.

Por razóns de economía de esforzo mercamos unha Hephestos.

Xabier e un grupo de alumnos están quedando dende o luns 26 de xaneiro para ir montando a impresora que pouco a pouco vai tomando forma. Xa estamos desexando facer a impresión do Hello cube!

venres, 11 de abril de 2014

Retocando o deseño do Skybot

Os dous venres do mes de abril (3 e 10) estivemos dándolle voltas o Skybot.
O simpático do asunto é que non sabíamos que dende fora do clube se esperan as nosas modificacións. Dende o twiter de Obijuan xa aparece a referencia o Skybot v3.

Desgraciadamente a comunidade terá que esperar as nosas aportacións, xa que a impresora cada dous por tres se desaxusta e temos que estar revisando o que lle está acontecer. Isto atrasa o proceso de deseño e nos distrae do obxectivo.

Estes últimos venres estamos en pleno debate de ideas para para que o Skybot sexa multisensorial. Ademais do sensor de ultrasóns, estamos a pensar como incorporarlle sensores segueliñas (un clásico da robótica) e sensores de choque con microinterruptores ou un sistema estilo Joystick.

A otra liña de traballo é o trucaxe dos servos para convertilos a servos de 360º. Xa estivemos desmontando algún para estudalo e xa fixemos o pedido de potenciometros e servos para que vaian chegando do lonxano oriente.

Por último tamén propoñeuse unha solución o problema de deixar o portátil preso da impresora cando se imprime unha peza. Pensamos en instalar Cura ou Printrun nunha Raspberry. A instalación de cura foi infrutuosa, xa que non son compatibles as librerías de opengl do Cura coas da Raspberry.  A boa noticia é que buscando a solución se encontrou un software que cumpre a función, Octoprint.

Octoprint é un servidor de impresión que permite subir os arquivos a imprimir, accionar e configurar a impresora, realizar o proceso de impresión e seguir o proceso remotamente. Pódese acceder a impresora vía web, subir arquivos dende calquera sitio,  acender e apagar o dispositivo e visualizar a impresión mediante unha cámara web. As instruccións de instalacións as podedes encontrar no seguinte enlace.

venres, 13 de decembro de 2013

Seminario de motores

Na reunión do venres 29-11-2013 impartimos o seminario de motores. Xabier presentou os tipos de motores máis comúns utilizados na robótica (a presentación podedes consultala no enlace). Se describiron os tipos, comentáronse os principios de funcionamento e comentouse como funcionan os circuítos de control.

Este seminario ven a cubrir o final do percorrido que comezamos hai un mes, coa iniciación a programación do Arduino, detección de entradas dixitais-analóxicas, accionar saídas dixitais-analóxicas, adquisición de datos con sensores e finalmente traballar con actuadores (neste caso motores e sevos).

O seminario acudiron Victor, Breogan L, Carlos, Nelson, Gonzalo A., Roberto, Cristian, Ton, Ricardo, Marcos, Breogan G e Jairo.

venres, 18 de outubro de 2013

Detectando entradas en Arduino

Na reunión de hoxe tratamos como detectar entradas nun microcontrolador Arduino. 

O problema que resolvemos é unha modificación do pasado venres 18/10/13. Neste caso temos un pulsador conectado a masa cunha resistencia de 10 K (pull-up). Cando se prema o pulsador o led palpebrará rápido e cando non se prema palpebrará lento.




O código que resolve o exercicio é o que segue:


//Definimos as variables
// O pin 2 de entradas/saídas dixitais ten un pulsador conectado. Dámoslle un nome:

   int pulsador = 2;
   int led = 13;




   // definicion de variable para o retardo do chisca-chisca
   int retardo; 

// A función setup se executa só unha vez, cando inicias a execución do programa:

void setup() {

        // inicializa a comunicación serie a 9600 bits por segundo:     
       Serial.begin(9600);

       // configuramos o pin do pulsador como entrada:
       pinMode(pulsador, INPUT);
       pinMode(led, OUTPUT);

}

// A función loop executase unha e outra outra vez, repetidamente:

void loop() {

       // leemos o pin de entrada:
       int estadoPulsador = digitalRead(pulsador);

      // imprimimos o estado do botón:
       Serial.println(estadoPulsador);

       if (estadoPulsador==HIGH) {
            retardo=500;
            // si esta a "1" a variable de retardo ten un valor de 500mSeg
       } else
            retardo=125;
            // si esta a "0" a variable de retardo ten un valor de 125mSeg
       }
   
      digitalWrite(led, HIGH);   // acende o LED (HIGH é o nivel de voltaxel)
      delay(retardo);               // esperamos co valor retardo
      digitalWrite(led, LOW);    // apaga o LED pasando a voltaxe a LOW
      delay(retardo);

}

Pódese baixar o código do exemplo neste enlace.

Na reunión participaron Nelson, Jairo, Marcos, Gonzalo C e Gonzalo A.

luns, 14 de outubro de 2013

Robots, robots, robots

Hoxe, venres 11 de octubro, estivemos mostrando distintos tipos de robots. Clasificáronse, mostráronse distintos tipos, comentouse a configuración básica e partes que os compoñen. A presentación foi a continuación do pasado venres, onde fixemos unha introdución a robótica. Esta presentación expúxose o pasado martes para alumnos Daniel, Roberto, Antonio de Instalacións electrotécnicas. A presentación a podedes encontrar no seguinte enlace

Neste momento o grupo xa creceu, nesta sesión participamos sobre 10 persoas, Carlos, Nelson, Roberto, Marcos, Jairo, Gonzalo A., Gonzalo C., Daniel e Alberto.

venres, 4 de outubro de 2013

Voltamos

Pois si, estamos de volta.

O clube de Robótica do CFP Daniel Castelao inicia a súa andadura durante o curso 2013/2014. Temos novas incorporacións, novos obxectivos e novos proxectos.

Que imos a traballar? Pois imos a utilizar o microcontrolador Arduino, automatizar coa Raspberry Pi, esperamos poder traballar o deseño 3d para resolver os problemas mecánicos e por suposto pegarnos coa electricidade-electrónica.





O pasado 1 de outubro quedamos para a primeira reunión onde nos encontramos cos alumnos de segundo de Asir (Gonzalo e Jairo) e o noso exxxalumno  Ricardo (as x son unha por ciclo cursado). Con eles quedamos os martes de 11:00 a 13:00 horas para continuar co seu coche de xoguete modificado e robotizado. Tamén quedamos con Carlos e Nelson en facer unha reunión os venres de 11:00 a 13:00 para os de 1º de Dam.

Como proxectos temos o coche de Gonzalo e Jairo. Ricardo apetécelle automatizar o seu galiñeiro. Tamén falamos de plantexarnos ir a algunha competición de robótica, polo que teremos montar un novo robot. E amais todo o que se nos ocorra e dependerá das gañas que lle poñamos.

O grupo esta aberto. Quen queira incorporarse, xa sabe!.