venres, 13 de decembro de 2013

Seminario de motores

Na reunión do venres 29-11-2013 impartimos o seminario de motores. Xabier presentou os tipos de motores máis comúns utilizados na robótica (a presentación podedes consultala no enlace). Se describiron os tipos, comentáronse os principios de funcionamento e comentouse como funcionan os circuítos de control.

Este seminario ven a cubrir o final do percorrido que comezamos hai un mes, coa iniciación a programación do Arduino, detección de entradas dixitais-analóxicas, accionar saídas dixitais-analóxicas, adquisición de datos con sensores e finalmente traballar con actuadores (neste caso motores e sevos).

O seminario acudiron Victor, Breogan L, Carlos, Nelson, Gonzalo A., Roberto, Cristian, Ton, Ricardo, Marcos, Breogan G e Jairo.

Continuamos cos sensores.

Na reunión do venres 22-11-2013 estivemos na primeira parte da reunión preparando os nosos adestradores de Arduino. O deseño de Xabier, aproveitando uns metracrilatos duns carteis, quedou moi profesional.

Na segunda parte seguimos traballando cos sensores.

Nesta reunión estivemos Carlos, Nelson, Ton, Marcos, Gonzalo C, Roberto.

luns, 18 de novembro de 2013

Trasteando cos sensores

Na reunión do venres 15 de novembro estivemos utilizando os sensores que presentamos a pasada reunión.

Cada grupo escollía un sensor para conectar o Arduino as entradas analóxicas.  Utilizando as librerías dispoñibles se recollían os datos e despois os presentamos na consola. Os que máis avanzados xa comezaron a tomar decisións cos bucles de control.

Os sensores cos que traballamos foron o flexómetro, potenciómetro, ultrasóns. Jairo, Breogán L e Victor optaron polo potenciómetro. Ton, Leo, Nelson e Carlos estiveron cos sensores de ultrasóns.Gonzalo A. atreveuse co flexómetro. Gonzálo C estivo pelexando co seu proxecto de robot.

Tamén despois de varias semáns apareceu Ricardo, sin equipos para traballar, pero quedou fichado para o seminario das impresoras 3D que tocará no próximo mes de decembro.

venres, 8 de novembro de 2013

Sentindo

Na reunión de hoxe venres 8-11-2013 expuxemos un resumo dos principais tipos de sensores. Sensores de son, potenciometros, flexión, fotoeléctricos, infravermellos, ultrasóns, temperatura, efecto hall, magnetrómetros, xiroscopio, táctiles e capacitivos.
Explicáronse os principios, e se mostrou como recoller os sinais mediante o Arduino. Podedes consultar o traballado na seguinte presentación Na reunión estiveron presentes Jairo, Gonzalo, Nelson, Carlos, Marcos, Ton, Leo, Roberto, Breogan L. e Victor. Ademáis tamén estivo na sombra, e dicir non presente, pero non ausente, Pablo dende o Brasil. Saudos dende o cluble.

venres, 1 de novembro de 2013

Conversión analóxica dixital. Lendo entradas analóxicas con Arduino

Na reunión do venres 25 de outubro de 2013 estivemos falando en primeiro lugar da conversión analóxica-dixital e como segundo prato a modulación PWM. 

Da conversión analóxica dixital se explicaron os seus principios, parámetros e características do conversor analóxico-dixital do Arduino Leonardo e O tratado se pode consultar na seguinte presentación ADC.

Como posta en práctica da conversión AD propuxemos o exercicio de recoller o valor de tensión que obtemos variando un potenciómetro e mostralo pola consola.

 Despois comentamos a modulación PWM. Realizamos a súa descrición, comentamos os seus usos e propuxemos un exemplo.

O exemplo basease no anterior da conversión analóxica dixital. Neste caso teríamos que variar a iluminación do díodo led mediante o accionamento do potenciómetro.



/*
  Fade PWM
  Este exemplo convirte a entrada analoxica "potpin" nun valor

  dixital 0 - 1023. Escala este valor de 10 bits nun de 8 bits
  (0-255). Este ultimo valor o utilizaremos para regular a 
  iluminacion do led conectado no pin "led"
*/


// Pin para conectar o led (con capacidade PWM)
int led = 6;    
int potpin = A2;                     // Pin de entrada analoxica
int valor;                           // declaración da variable




  // rutina de axuste despois de RESET
void setup()  {                           
    pinMode(led, OUTPUT);         // declaramos pin 9 como saida
    Serial.begin(9600);

    // iniciamos a as comunicacións serie a 9600 bps.           
}
 

void loop()  {                        

    valor = analogRead(potpin);       

    // recollemos o valor da entrada analóxica na variable valor
    Serial.print("sensor = " );              

    // enviamos via serie o texto "sensor = "
    Serial.print(valor*0.005);               

    // enviamos via serie o o valor equivalente en vots ( escalón = 5V / 1024 = 0.0048828125)
    Serial.print("V" );                      

    // enviamos vía serie o texto "V"

    valor = map(valor, 0, 1023, 0, 255);     

    // Mapeamos un enteiro de 10bits "valor" a outro de 8 bits
    analogWrite(led, valor);                     

    // Pasamos ese valor a saída "led" en PWM
    Serial.print("\t saida LED = ");         

    // enviamos vía serie un tabulador (\t) mais o texto " saída LED =  "
    Serial.println(valor);                       

    // enviamos vía serie o valor PWM
    delay(1);                                    

    // poñemos un atraso para evitar interferencias no CAD   
}


Neste encontro participamos Carlos, Gonzalo A, Gonzalo C., Leo, Jairo e Nelson.

domingo, 20 de outubro de 2013

Un pouco de historia

Esta entrada do noso caderno de bitácora é para deixar constancia de cales son as orixes do clube de robótica do CFP Daniel Castelao.

Pese a que poden ser os auténticos inicios, non me vou a parar nalgúns robots que xurdiron, dalgún módulo, dalgún curso, que tiñan como intención motivar os alumnos no estudio da electrónica. Creo lembrar, e sinon que me corrixan, foron algúns grupos de Pcpi, animados por Ton e Xabier. Eses robóts eran parte da programación dos módulos e os deseños estaban creados polos profesores o cargo do módulo.

 Pero o clube de robótica naceu a partir dun proxecto, xurdido a partir dunha asociación Leornardo, denominado RACE (Robotics and Automation Careers in Engineering).
Este grupo estaba formado por varios centros de varios países como son Finlandia, Irlanda do norte, Chequia, Italia, Portugal e España.

Este proxecto tivo unha duración de dous anos, dentro da cal se deseñaron e realizaron unha serie de obradoiros temáticos sobre mecánica, sensores, actuadores, microcontroladores, plataformas de programación, etc, onde se traballaron as distintas habilidades para chegar a crear un robot.

O froito do noso traballo foi o robot Escornaboi. Este robot foi froito do traballo das persoas que formaron o clube, evolucionando o robot que Germán e Agustín montaron para os obradoiros de sensores da reunión do RACE en Vigo. O dia a dia do noso no clube quedou reflexado no grupo de facebook do clube. Este robot foi mostrado en Chequia, na cidade Budejoviche, na reunión final. Podedes ver un vídeo da evolución da proba neste enlace e a entrega de premios.

Tamén se organizou unha barcamp no CFP Daniel Castelao onde se ofreceron unha serie de desconferencias e demostracións de temas como Open Hardware, Impesoras 3D, robótica, proxecto OpenPipe, e talleres sobre soldadura de refusión, Opertium.

A filosofia que creo que saiu do clube é a do "Maker" que resume Ovijuan nesta conferencia e que creo que é o noso manual de boas prácticas. Podedes votarlle un ollo a esta outra máis longa onde introduce os robóts imprimibles.

Gracias a todos os que traballaron e colaboraron nalgún momento no clube, Germán, Agustín, Rubén, Marcos, Yago, Samuel, Ricardo, Victor, Roberto, Samuel, Rodrígo, Andrea, Lucia, Gonzalo, Jairo, Nacho, Luis, Angeles, Nerea e algún máis que me quedan no tinteiro. Dos profesores estiveron animando e colaborando Damián, Ricardo, Elena, Manuel , Xabier e Pablo.


Deixo algún enlace para que leades e vexades algún reportaxe que a prensa fixo sobre o clube:
 
- Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/09/28/futuro-robotica-europea-concentra-vigo/687706.html
- Televisión de Galicia, programa a revista, minuto 13:22: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-443496

venres, 18 de outubro de 2013

Detectando entradas en Arduino

Na reunión de hoxe tratamos como detectar entradas nun microcontrolador Arduino

O problema que resolvemos é unha modificación do pasado venres 18/10/13. Neste caso temos un pulsador conectado a masa cunha resistencia de 10 K (pull-up). Cando se prema o pulsador o led palpebrará rápido e cando non se prema palpebrará lento.




O código que resolve o exercicio é o que segue:


//Definimos as variables
// O pin 2 de entradas/saídas dixitais ten un pulsador conectado. Dámoslle un nome:

   int pulsador = 2;
   int led = 13;




   // definicion de variable para o retardo do chisca-chisca
   int retardo; 

// A función setup se executa só unha vez, cando inicias a execución do programa:

void setup() {

        // inicializa a comunicación serie a 9600 bits por segundo:     
       Serial.begin(9600);

       // configuramos o pin do pulsador como entrada:
       pinMode(pulsador, INPUT);
       pinMode(led, OUTPUT);

}

// A función loop executase unha e outra outra vez, repetidamente:

void loop() {

       // leemos o pin de entrada:
       int estadoPulsador = digitalRead(pulsador);

      // imprimimos o estado do botón:
       Serial.println(estadoPulsador);

       if (estadoPulsador==HIGH) {
            retardo=500;
            // si esta a "1" a variable de retardo ten un valor de 500mSeg
       } else
            retardo=125;
            // si esta a "0" a variable de retardo ten un valor de 125mSeg
       }
   
      digitalWrite(led, HIGH);   // acende o LED (HIGH é o nivel de voltaxel)
      delay(retardo);               // esperamos co valor retardo
      digitalWrite(led, LOW);    // apaga o LED pasando a voltaxe a LOW
      delay(retardo);

}

Pódese baixar o código do exemplo neste enlace.

Na reunión participaron Nelson, Jairo, Marcos, Gonzalo C e Gonzalo A.

luns, 14 de outubro de 2013

Seminarios do clube de robótica

Para que todos teñamos no horizonte que o que se vai a facer no clube de robótica, acabamos de elaborar calendario con unha serie de propostas. A duración dos seminarios é de hora e media, e teñen carácter introdutorio. A idea é que teñades os coñecementos mínimos para introducirvos na temática e poidades comezar a investigar pola vosa banda. Estas propostas as elaboramos Xabier e eu, pero si alguén quere propoñer algo alternativo poderíamos modificar o calendario e eliminar algunha proposta e cambiala por outra. Outra alternativa e que en vez de impartir os seminarios Xabier e eu, que os participantes preparedes o seminario e que impartades vos. Estamos abertos a que os seminarios non só sexan para vos, senón que sexan vosos. O calendario é o seguinte:
MesSeminarioData
OctubroIntrodución o Arduino4-10/13
OctubroIntrodución a robótica11-10-13
NovembroSensores. Como conectalos e traballar con eles en Arduino.8-11-13
NovembroActuadores. Motores, servos, pontes-h, etc.15-11-13
DecembroImpresoras 3d13-12-13
XaneiroDeseño de pezas en 3D con Openscad17-1-14
FebreiroDeseño de pezas en 3D con Skechup7-2-14
MarzoRaspberry Pi. Control mediante as librerias Wiring Pi7-3-14
AbrilSistemas operativos en tempo real. Raspberry e Freertos4-4-14
MaioControl mediante Rasperry e Python9-5-14
XuñoRos. Robot operative System6-6-14

Robots, robots, robots

Hoxe, venres 11 de octubro, estivemos mostrando distintos tipos de robots. Clasificáronse, mostráronse distintos tipos, comentouse a configuración básica e partes que os compoñen. A presentación foi a continuación do pasado venres, onde fixemos unha introdución a robótica. Esta presentación expúxose o pasado martes para alumnos Daniel, Roberto, Antonio de Instalacións electrotécnicas. A presentación a podedes encontrar no seguinte enlace

Neste momento o grupo xa creceu, nesta sesión participamos sobre 10 persoas, Carlos, Nelson, Roberto, Marcos, Jairo, Gonzalo A., Gonzalo C., Daniel e Alberto.

venres, 4 de outubro de 2013

Presentación de Arduino

Nesta primeira sesión dos venres (4-10-2013) do clube de robótica, Xabier deu unha introdución o arduino. Para os que non puidestes vir, o contido da presentación que podedes encontrar neste enlace.
Como final se fixo unha demostración onde se programou o Arduino para que encendera o led da placa, conectado o pin 13. O exemplo podédelo encontrar no seguinte enlace. Tamén podedes consultar o exemplo no Ide de arduino, no menú File->Examples->Basics->Blink.
Nesta sesión participaron Carlos, Nelson e Roberto, compañeiros de 1º de Dam.

Voltamos

Pois si, estamos de volta.

O clube de Robótica do CFP Daniel Castelao inicia a súa andadura durante o curso 2013/2014. Temos novas incorporacións, novos obxectivos e novos proxectos.

Que imos a traballar? Pois imos a utilizar o microcontrolador Arduino, automatizar coa Raspberry Pi, esperamos poder traballar o deseño 3d para resolver os problemas mecánicos e por suposto pegarnos coa electricidade-electrónica.





O pasado 1 de outubro quedamos para a primeira reunión onde nos encontramos cos alumnos de segundo de Asir (Gonzalo e Jairo) e o noso exxxalumno  Ricardo (as x son unha por ciclo cursado). Con eles quedamos os martes de 11:00 a 13:00 horas para continuar co seu coche de xoguete modificado e robotizado. Tamén quedamos con Carlos e Nelson en facer unha reunión os venres de 11:00 a 13:00 para os de 1º de Dam.

Como proxectos temos o coche de Gonzalo e Jairo. Ricardo apetécelle automatizar o seu galiñeiro. Tamén falamos de plantexarnos ir a algunha competición de robótica, polo que teremos montar un novo robot. E amais todo o que se nos ocorra e dependerá das gañas que lle poñamos.

O grupo esta aberto. Quen queira incorporarse, xa sabe!.