luns, 20 de xaneiro de 2014

De volta das vacacións

A reunión do pasado venres 10-01-2014 foi a primeira reunión despois das vacacións de Nadal. Non tíñamos ningún seminario nin obxectivo en mente. Polo tanto foi tempo de reencontrarse, de ver os xoguetes que nos trouxeron os Reis (os de Nelson foron os máis chamativos).

Reorganizamos o calendario, e fixemos pequenas variacións. Para a introdución ás impresoras 3D precisamos do aparato en si, polo que para poder facer ese seminario esperaremos a que Ricardo poida acercarse para contarnos como montou, axustou e usa a súa impresora.

Polo tanto non perderemos o tempo e comezaremos a deseñar o noso robot inspirándonos no skybot que coñecemos por Obijuan (aínda que ten máis autores). Polo que proximamente comezaremos co seminario de deseño 3D con Openscad. Teremos que solventar o problema da impresión das pezas e montar os nosos pequenos prototipos, e poñer en práctica o aprendido co Arduino.

Tamén estivemos falando como facer coa seguinte parte do programa que tiñamos previsto, que abordaba a automatización e control con microordeadores como a Raspberry Pi. Nun principio pensamos en facer unha merca compartida, pero como non temos moita xente que precise Raspberry Pi, con duas miñas, unha de Xabier, e algunhas mais que teñen Carlos e Gonzalo comezaremos os seminarios e despois xa se avaliará a necesidade de mercar algunha máis ou outros microordeadores distintos (Nelson está pensado na hackberry ou na cubieboard).

Como podedes ver, comezando o ano pouco a pouco.

Asistiron a reunión Carlos, Nelson, Roberto e Gonzalo A.