Amosando publicacións coa etiqueta Pronterface. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pronterface. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2015

Montando a impresora para o laboratorio de robótica

Non era sen tempo, pero o finnnnn temos impresora propia para o noso laboratorio. Despois de máis dun ano traballando de prestado gracias a Ricardo e Ton, que xenerosamente puxeron a disposición do clube as súas impresoras, o fin temos a posibilidade de ter unha propia.

Por razóns de economía de esforzo mercamos unha Hephestos.

Xabier e un grupo de alumnos están quedando dende o luns 26 de xaneiro para ir montando a impresora que pouco a pouco vai tomando forma. Xa estamos desexando facer a impresión do Hello cube!

luns, 24 de marzo de 2014

Imprimindo, imprimindo, imprimindo

Dende o última entrada do caderno de bitácora, a mediados de febreiro, estivemos quedando os venres sen ter moi claro o obxectivo. O destinamos a compartir os problemas e pequenos avances que iamos tendo coa impresora.

O certo é que o principio foi un pouco frustrante, por moito que intentamos imprimir só saian pezas mal formadas e sobre todo se despegaban do espello.

Despois de darlle voltas e voltas fomos sacando conclusións:
  • A Rbot ten problemas de estructura. É difícil que manteña a xeometría.
  • Hai que estar moi enriba da parametrización para que poda ter a precisión necesaria.
  • O Abs é máis delicado a hora de traballar polas temperaturas, que o pla. 
  • Os problemas de adherencia non só dependían da temperatura, material, ou a laca. A configuración dos parámetros da impresora son fundamentais.

Gracias a Ricardo que nos deixou cancha para facer os cambios que estimaramos oportunos e a dedicación a Xabier que lle estivo dando voltas e voltas, o fin comezou a sair algunha peza.

Os cambios que lle tivemos que facer foron poñer un tirante entre as dúas guías por onde circulan os rodamentos liñais do eixo z. Este tirante nos permitiu manter a xeometría da impresora, xa que apreciamos que co uso estás guias non estában sempre na mesma posición, facendo variar o parelismo do desprazamento deste eixo.

O outro cambio substancial foi cambiar o soporte do extrusor. Estaba feito en plástico (pla) que entre a temperatura e o peso ía torcéndose pouco a pouco. Ricardo lle fixo un soporte metálica que mellorou a posición do extrusor.

Con estes cambios e moito coidado na parametrización a impresora comezou a sacar pezas. Primeiro sairon con PLA, pero o fin tamén empezaron a sair en ABS.

Mentres non viamos a luz o fin do túnel coa Rbot, Ton pola súa banda, a semán de mostrarnos o seu xoguete (Prusa I3) xa conseguira imprimir a primeiro boneco con ela. Certo é cando se poñeu a configurala con máis precisión, deixou de imprimirlle e precisou axustala mais finamente.

Este venres (21-2-2014) nos xuntamos coas dúas impresoras en plenitude e con un
deseño para imprimir. Eu e Roberto retocamos o skybot para que admitira o sensor de ultrasóns e así poder ter un xoguete para poñer en práctica o traballado ata agora.

Mentres Xabier seguira imprimindo, imprimindo, imprimindo...

luns, 17 de febreiro de 2014

A voltas coas impresoras 3D

Na reunión deste venres (14-2-2014) tiñamos planeado facer a instalación dos programas para poder imprimir na PrintRbot que nos deixou Ricardo (@ricardo2perez).

Pero ese obxectivo o conseguimos a medias, xa que apareceu Ton co seu novo xoguete a medio montar: unha prusa i3. Chegáronlle as pezas un día antes e se pasou parte da noite montándoa. Pasamos un bo rato desfrutando do novo aparello e
comezando a facer castelos no aire, soñando con empezar a facer pezas para montar cadansúa impresora. Ou polo menos, eu o pensei.

Foi a primeira reunión onde por primeira vez sentín que eu xa pouco tiña que aportar o clube, e pola contra, a dinámica xa empeza a aportarme a min. Hai dúas semáns non sabíamos si iamos a ter posibilidade de ter impresora e continuar co planeado. Dúas semáns despois,  imos a ter posibilidade de ter ese equipamento por duplicado.

O fin instalamos as aplicacións, parametrizamos a PrinRbot e despois de mercar un bote de laca Nelly (recomedada por Ricardo) tivemos un intento fallido de impresión.

Na reunión estaba Nelson, Victor, Breogan, Ton, Roberto.

martes, 11 de febreiro de 2014

Impresión 3D

Despois de varias semáns traballando no deseño 3D co Openscad, hoxe (7-2-2014) veu Ricardo  (@ricardo2perez)  coa súa impresora.

O modelo é unha PrintRbot (bautizada co nome de Praticio Estrela) que é filla dunha Prusa  2 , chamada Laura Palmer, armada por Alfredo (@radikalbytes). 

Contounos como a montou e os problemas e dificultades que tivo a hora de poñela en marcha. Nos presentou as ferramentas de sofware que utiliza para a configuración e impresión. Finalmente realizou unha demostración de impresión, unha roda do skybot de Obijuan.
Esta PrintRbot ten como firmware do Arduino o sofware Marlin. O software que usa para a impresión, Cura e Pronterface. Tedes neste enlace un interesante artigo que nos recomendou Ricardo,  onde se fala tanto de Marlin como de Cura.

O custo da impresora, sen horas de montaxe foi aproximadamente duns 400 €. Non nos precisou o tempo que lle levou, pode que non o sepa ou non se queira acordar.

Segundo Ricardo a impresora todabía está en fase de axuste, xa que a vida, o traballo, e no seu caso os estudios, non lle permitiron adicarse como a el lle gustaría a traballar sobre ela.

A reunión asistiron Ricardo, Roberto, Carlos, Nelson, Iago, Pedro,  Breogan, Juan, Ton, Breogan G. e a súa moza.