luns, 17 de febreiro de 2014

A voltas coas impresoras 3D

Na reunión deste venres (14-2-2014) tiñamos planeado facer a instalación dos programas para poder imprimir na PrintRbot que nos deixou Ricardo (@ricardo2perez).

Pero ese obxectivo o conseguimos a medias, xa que apareceu Ton co seu novo xoguete a medio montar: unha prusa i3. Chegáronlle as pezas un día antes e se pasou parte da noite montándoa. Pasamos un bo rato desfrutando do novo aparello e
comezando a facer castelos no aire, soñando con empezar a facer pezas para montar cadansúa impresora. Ou polo menos, eu o pensei.

Foi a primeira reunión onde por primeira vez sentín que eu xa pouco tiña que aportar o clube, e pola contra, a dinámica xa empeza a aportarme a min. Hai dúas semáns non sabíamos si iamos a ter posibilidade de ter impresora e continuar co planeado. Dúas semáns despois,  imos a ter posibilidade de ter ese equipamento por duplicado.

O fin instalamos as aplicacións, parametrizamos a PrinRbot e despois de mercar un bote de laca Nelly (recomedada por Ricardo) tivemos un intento fallido de impresión.

Na reunión estaba Nelson, Victor, Breogan, Ton, Roberto.

Introducción o deseño de obxectos 3D con Openscad

Esta entrada pretende ser un resumo das reunións que tivemos no clube de robótica os días 17, 24 e 31 de xaneiro, onde estivemos traballando o deseño de obxectos en 3D.

Para a introdución o deseño optamos por utilizar a aplicación OpenSCAD. É unha aplicación de código aberto, que se pode instalar en múltiples plataformas. Ten como principal característica que utiliza funcións coas figuras xeometricas básicas e mediante operacións, se poden combinar de forma que se poden facer deseños máis complexos.

O proceso é se codifica primeiro, logo se compila e finalmente se mostra o renderizado das figuras. Isto resulta moi familiar para os usuarios que están acostumados a programar. Non é unha aplicación do estilo o-que-fago-é-o-que-se-ve, polo que a aprendizaxe pode ser un pouco máis difícil o principio. Ademáis dese inconveniente, tamén poderíamos poñer que o editor de texto non está moi elaborado, e podería dar mellor información para asistirnos na codificación e
depuración.

Pero é eficiente e tes ti sempre o control sobre o debuxado. Pódense facer deseños modulares parametrizables, que permiten a reutilización simplemente cambiando os valores.

O primeiro venres, 17-1-2013,  comentamos os elementos básicos (cubo, cilindro, esfera) e as operacións (traslación, unión, diferencia, rotación e intersección). Pódese consultar o tratado no obradoiro no seguinte enlace.

O segundo venres dos adicados o deseño 3D (24-1-2013), estivemos traballando o deseño de módulos e inclusión de parámetros. Tamén traballamos os bucles, para repeticións e operacións como hull.

O terceiro venres (31-1-2013) o adicamos a rematar a roda que comezaramos o venres anterior. Aplicando tódolos coñecementos adquiridos, co obxectivo de modelar un robot inspirado no skybot de Obijuan e compañía.


Como complemento, é para poder comparar, deixovos unha serie de enlaces onde se modela a mesma figura en distintos programas de CAD:
- Openscad
- Autocad parte I
- Autocad parte II
- Blender parte I
- Blender parte II
- Sketchup
- Autodesk-123d
- Feecad parte I
- Freecad parte II

Nestas reunións participaron Nelson, Carlos, Breogan, Victo, Juan, Ton, Roberto e Gonzalo A.

martes, 11 de febreiro de 2014

Impresión 3D

Despois de varias semáns traballando no deseño 3D co Openscad, hoxe (7-2-2014) veu Ricardo  (@ricardo2perez)  coa súa impresora.

O modelo é unha PrintRbot (bautizada co nome de Praticio Estrela) que é filla dunha Prusa  2 , chamada Laura Palmer, armada por Alfredo (@radikalbytes). 

Contounos como a montou e os problemas e dificultades que tivo a hora de poñela en marcha. Nos presentou as ferramentas de sofware que utiliza para a configuración e impresión. Finalmente realizou unha demostración de impresión, unha roda do skybot de Obijuan.
Esta PrintRbot ten como firmware do Arduino o sofware Marlin. O software que usa para a impresión, Cura e Pronterface. Tedes neste enlace un interesante artigo que nos recomendou Ricardo,  onde se fala tanto de Marlin como de Cura.

O custo da impresora, sen horas de montaxe foi aproximadamente duns 400 €. Non nos precisou o tempo que lle levou, pode que non o sepa ou non se queira acordar.

Segundo Ricardo a impresora todabía está en fase de axuste, xa que a vida, o traballo, e no seu caso os estudios, non lle permitiron adicarse como a el lle gustaría a traballar sobre ela.

A reunión asistiron Ricardo, Roberto, Carlos, Nelson, Iago, Pedro,  Breogan, Juan, Ton, Breogan G. e a súa moza.