xoves, 27 de outubro de 2016

Comezamos o período 2016-2017 de Roboticastelao


Voltamos a reunirnos para este curso as novas promesas e vellas glorias

Este xoves 27 de outubro comezamos no Colexio Daniel Castelao, un novo curso do grupo Roboticastelao. Nos vimos as caras parte dos compoñentes do ano pasado, acompañando os novos compoñentes do grupo.

A actividade a iniciamos cunha presentación sobre a temática que imos a tratar, a robótica. Na presentación repasamos as disciplinas que compoñen a robótica. A intención foi a de introducir o obradoiro e motivar os  19 participantes que alí estivemos.

Nos próximos días traballaremos principios da electricidade e electrónica, introduciremos o a Arduino, veremos un pouco de mecatrónica, e coñeceremos os sensores máis comúns.

Todo isto coa intención de ter unha base para poder comezar a crear os nosos propios artiluxios!




Ningún comentario:

Publicar un comentario