Non era sen tempo, pero o finnnnn temos impresora propia para o noso laboratorio. Despois de máis dun ano traballando de prestado gracias a Ricardo e Ton, que xenerosamente puxeron a disposición do clube as súas impresoras, o fin temos a posibilidade de ter unha propia.
Por razóns de economía de esforzo mercamos unha Hephestos.
Xabier e un grupo de alumnos están quedando dende o luns 26 de xaneiro para ir montando a impresora que pouco a pouco vai tomando forma. Xa estamos desexando facer a impresión do Hello cube!
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Amosando publicacións coa etiqueta marlin b>. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de marzo de 2015
Montando a impresora para o laboratorio de robótica
Etiquetas:
3D,
Arduino,
bq,
Castelao,
club,
clube,
Daniel,
hephestos,
impresoras 3d,
marlin,
Pronterface,
robótica,
servomotores
venres, 11 de abril de 2014
Retocando o deseño do Skybot
Os dous venres do mes de abril (3 e 10) estivemos dándolle voltas o Skybot.
O simpático do asunto é que non sabíamos que dende fora do clube se esperan as nosas modificacións. Dende o twiter de Obijuan xa aparece a referencia o Skybot v3.
Desgraciadamente a comunidade terá que esperar as nosas aportacións, xa que a impresora cada dous por tres se desaxusta e temos que estar revisando o que lle está acontecer. Isto atrasa o proceso de deseño e nos distrae do obxectivo.
Estes últimos venres estamos en pleno debate de ideas para para que o Skybot sexa multisensorial. Ademais do sensor de ultrasóns, estamos a pensar como incorporarlle sensores segueliñas (un clásico da robótica) e sensores de choque con microinterruptores ou un sistema estilo Joystick.
A otra liña de traballo é o trucaxe dos servos para convertilos a servos de 360º. Xa estivemos desmontando algún para estudalo e xa fixemos o pedido de potenciometros e servos para que vaian chegando do lonxano oriente.
Por último tamén propoñeuse unha solución o problema de deixar o portátil preso da impresora cando se imprime unha peza. Pensamos en instalar Cura ou Printrun nunha Raspberry. A instalación de cura foi infrutuosa, xa que non son compatibles as librerías de opengl do Cura coas da Raspberry. A boa noticia é que buscando a solución se encontrou un software que cumpre a función, Octoprint.
Octoprint é un servidor de impresión que permite subir os arquivos a imprimir, accionar e configurar a impresora, realizar o proceso de impresión e seguir o proceso remotamente. Pódese acceder a impresora vía web, subir arquivos dende calquera sitio, acender e apagar o dispositivo e visualizar a impresión mediante unha cámara web. As instruccións de instalacións as podedes encontrar no seguinte enlace.

Cura,
Daniel,
impresoras 3d,
marlin,
obijuan,
openscad,
servomotores,
skybot
luns, 24 de marzo de 2014
Imprimindo, imprimindo, imprimindo
Dende o última entrada do caderno de bitácora, a mediados de febreiro, estivemos quedando os venres sen ter moi claro o obxectivo. O destinamos a compartir os problemas e pequenos avances que iamos tendo coa impresora.
O certo é que o principio foi un pouco frustrante, por moito que intentamos imprimir só saian pezas mal formadas e sobre todo se despegaban do espello.
Despois de darlle voltas e voltas fomos sacando conclusións:
Gracias a Ricardo que nos deixou cancha para facer os cambios que estimaramos oportunos e a dedicación a Xabier que lle estivo dando voltas e voltas, o fin comezou a sair algunha peza.
Os cambios que lle tivemos que facer foron poñer un tirante entre as dúas guías por onde circulan os rodamentos liñais do eixo z. Este tirante nos permitiu manter a xeometría da impresora, xa que apreciamos que co uso estás guias non estában sempre na mesma posición, facendo variar o parelismo do desprazamento deste eixo.
O outro cambio substancial foi cambiar o soporte do extrusor. Estaba feito en plástico (pla) que entre a temperatura e o peso ía torcéndose pouco a pouco. Ricardo lle fixo un soporte metálica que mellorou a posición do extrusor.
Con estes cambios e moito coidado na parametrización a impresora comezou a sacar pezas. Primeiro sairon con PLA, pero o fin tamén empezaron a sair en ABS.
Mentres non viamos a luz o fin do túnel coa Rbot, Ton pola súa banda, a semán de mostrarnos o seu xoguete (Prusa I3) xa conseguira imprimir a primeiro boneco con ela. Certo é cando se poñeu a configurala con máis precisión, deixou de imprimirlle e precisou axustala mais finamente.
Este venres (21-2-2014) nos xuntamos coas dúas impresoras en plenitude e con un
deseño para imprimir. Eu e Roberto retocamos o skybot para que admitira o sensor de ultrasóns e así poder ter un xoguete para poñer en práctica o traballado ata agora.
Mentres Xabier seguira imprimindo, imprimindo, imprimindo...
O certo é que o principio foi un pouco frustrante, por moito que intentamos imprimir só saian pezas mal formadas e sobre todo se despegaban do espello.
Despois de darlle voltas e voltas fomos sacando conclusións:
- A Rbot ten problemas de estructura. É difícil que manteña a xeometría.
- Hai que estar moi enriba da parametrización para que poda ter a precisión necesaria.
- O Abs é máis delicado a hora de traballar polas temperaturas, que o pla.
- Os problemas de adherencia non só dependían da temperatura, material, ou a laca. A configuración dos parámetros da impresora son fundamentais.
Gracias a Ricardo que nos deixou cancha para facer os cambios que estimaramos oportunos e a dedicación a Xabier que lle estivo dando voltas e voltas, o fin comezou a sair algunha peza.
Os cambios que lle tivemos que facer foron poñer un tirante entre as dúas guías por onde circulan os rodamentos liñais do eixo z. Este tirante nos permitiu manter a xeometría da impresora, xa que apreciamos que co uso estás guias non estában sempre na mesma posición, facendo variar o parelismo do desprazamento deste eixo.
O outro cambio substancial foi cambiar o soporte do extrusor. Estaba feito en plástico (pla) que entre a temperatura e o peso ía torcéndose pouco a pouco. Ricardo lle fixo un soporte metálica que mellorou a posición do extrusor.
Con estes cambios e moito coidado na parametrización a impresora comezou a sacar pezas. Primeiro sairon con PLA, pero o fin tamén empezaron a sair en ABS.Mentres non viamos a luz o fin do túnel coa Rbot, Ton pola súa banda, a semán de mostrarnos o seu xoguete (Prusa I3) xa conseguira imprimir a primeiro boneco con ela. Certo é cando se poñeu a configurala con máis precisión, deixou de imprimirlle e precisou axustala mais finamente.
Este venres (21-2-2014) nos xuntamos coas dúas impresoras en plenitude e con un
deseño para imprimir. Eu e Roberto retocamos o skybot para que admitira o sensor de ultrasóns e así poder ter un xoguete para poñer en práctica o traballado ata agora.
Mentres Xabier seguira imprimindo, imprimindo, imprimindo...
Etiquetas:
3D,
Arduino,
automatizacion,
Castelao,
club,
clube,
Cura,
Daniel,
impresoras 3d,
marlin,
obijuan,
openscad,
Pronterface,
robotica,
robótica,
robots,
skybot
luns, 17 de febreiro de 2014
A voltas coas impresoras 3D
Na reunión deste venres (14-2-2014) tiñamos planeado facer a instalación dos programas para poder imprimir na PrintRbot que nos deixou Ricardo (@ricardo2perez).
Pero ese obxectivo o conseguimos a medias, xa que apareceu Ton co seu novo xoguete a medio montar: unha prusa i3. Chegáronlle as pezas un día antes e se pasou parte da noite montándoa. Pasamos un bo rato desfrutando do novo aparello e
comezando a facer castelos no aire, soñando con empezar a facer pezas para montar cadansúa impresora. Ou polo menos, eu o pensei.
Foi a primeira reunión onde por primeira vez sentín que eu xa pouco tiña que aportar o clube, e pola contra, a dinámica xa empeza a aportarme a min. Hai dúas semáns non sabíamos si iamos a ter posibilidade de ter impresora e continuar co planeado. Dúas semáns despois, imos a ter posibilidade de ter ese equipamento por duplicado.
O fin instalamos as aplicacións, parametrizamos a PrinRbot e despois de mercar un bote de laca Nelly (recomedada por Ricardo) tivemos un intento fallido de impresión.
Na reunión estaba Nelson, Victor, Breogan, Ton, Roberto.

Pronterface
martes, 11 de febreiro de 2014
Impresión 3D
Despois de varias semáns traballando no deseño 3D co Openscad, hoxe (7-2-2014) veu Ricardo (@ricardo2perez) coa súa impresora.
O modelo é unha PrintRbot (bautizada co nome de Praticio Estrela) que é filla dunha Prusa 2 , chamada Laura Palmer, armada por Alfredo (@radikalbytes).
Contounos como a montou e os problemas e dificultades que tivo a hora de poñela en marcha. Nos presentou as ferramentas de sofware que utiliza para a configuración e impresión. Finalmente realizou unha demostración de impresión, unha roda do skybot de Obijuan.
Esta PrintRbot ten como firmware do Arduino o sofware Marlin. O software que usa para a impresión, Cura e Pronterface. Tedes neste enlace un interesante artigo que nos recomendou Ricardo, onde se fala tanto de Marlin como de Cura.
O custo da impresora, sen horas de montaxe foi aproximadamente duns 400 €. Non nos precisou o tempo que lle levou, pode que non o sepa ou non se queira acordar.
Segundo Ricardo a impresora todabía está en fase de axuste, xa que a vida, o traballo, e no seu caso os estudios, non lle permitiron adicarse como a el lle gustaría a traballar sobre ela.
A reunión asistiron Ricardo, Roberto, Carlos, Nelson, Iago, Pedro, Breogan, Juan, Ton, Breogan G. e a súa moza.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)