Amosando publicacións coa etiqueta Servo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Servo. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de decembro de 2013

Seminario de motores

Na reunión do venres 29-11-2013 impartimos o seminario de motores. Xabier presentou os tipos de motores máis comúns utilizados na robótica (a presentación podedes consultala no enlace). Se describiron os tipos, comentáronse os principios de funcionamento e comentouse como funcionan os circuítos de control.

Este seminario ven a cubrir o final do percorrido que comezamos hai un mes, coa iniciación a programación do Arduino, detección de entradas dixitais-analóxicas, accionar saídas dixitais-analóxicas, adquisición de datos con sensores e finalmente traballar con actuadores (neste caso motores e sevos).

O seminario acudiron Victor, Breogan L, Carlos, Nelson, Gonzalo A., Roberto, Cristian, Ton, Ricardo, Marcos, Breogan G e Jairo.

venres, 18 de outubro de 2013

Detectando entradas en Arduino

Na reunión de hoxe tratamos como detectar entradas nun microcontrolador Arduino

O problema que resolvemos é unha modificación do pasado venres 18/10/13. Neste caso temos un pulsador conectado a masa cunha resistencia de 10 K (pull-up). Cando se prema o pulsador o led palpebrará rápido e cando non se prema palpebrará lento.




O código que resolve o exercicio é o que segue:


//Definimos as variables
// O pin 2 de entradas/saídas dixitais ten un pulsador conectado. Dámoslle un nome:

   int pulsador = 2;
   int led = 13;




   // definicion de variable para o retardo do chisca-chisca
   int retardo; 

// A función setup se executa só unha vez, cando inicias a execución do programa:

void setup() {

        // inicializa a comunicación serie a 9600 bits por segundo:     
       Serial.begin(9600);

       // configuramos o pin do pulsador como entrada:
       pinMode(pulsador, INPUT);
       pinMode(led, OUTPUT);

}

// A función loop executase unha e outra outra vez, repetidamente:

void loop() {

       // leemos o pin de entrada:
       int estadoPulsador = digitalRead(pulsador);

      // imprimimos o estado do botón:
       Serial.println(estadoPulsador);

       if (estadoPulsador==HIGH) {
            retardo=500;
            // si esta a "1" a variable de retardo ten un valor de 500mSeg
       } else
            retardo=125;
            // si esta a "0" a variable de retardo ten un valor de 125mSeg
       }
   
      digitalWrite(led, HIGH);   // acende o LED (HIGH é o nivel de voltaxel)
      delay(retardo);               // esperamos co valor retardo
      digitalWrite(led, LOW);    // apaga o LED pasando a voltaxe a LOW
      delay(retardo);

}

Pódese baixar o código do exemplo neste enlace.

Na reunión participaron Nelson, Jairo, Marcos, Gonzalo C e Gonzalo A.

luns, 14 de outubro de 2013

Robots, robots, robots

Hoxe, venres 11 de octubro, estivemos mostrando distintos tipos de robots. Clasificáronse, mostráronse distintos tipos, comentouse a configuración básica e partes que os compoñen. A presentación foi a continuación do pasado venres, onde fixemos unha introdución a robótica. Esta presentación expúxose o pasado martes para alumnos Daniel, Roberto, Antonio de Instalacións electrotécnicas. A presentación a podedes encontrar no seguinte enlace

Neste momento o grupo xa creceu, nesta sesión participamos sobre 10 persoas, Carlos, Nelson, Roberto, Marcos, Jairo, Gonzalo A., Gonzalo C., Daniel e Alberto.

venres, 4 de outubro de 2013

Voltamos

Pois si, estamos de volta.

O clube de Robótica do CFP Daniel Castelao inicia a súa andadura durante o curso 2013/2014. Temos novas incorporacións, novos obxectivos e novos proxectos.

Que imos a traballar? Pois imos a utilizar o microcontrolador Arduino, automatizar coa Raspberry Pi, esperamos poder traballar o deseño 3d para resolver os problemas mecánicos e por suposto pegarnos coa electricidade-electrónica.





O pasado 1 de outubro quedamos para a primeira reunión onde nos encontramos cos alumnos de segundo de Asir (Gonzalo e Jairo) e o noso exxxalumno  Ricardo (as x son unha por ciclo cursado). Con eles quedamos os martes de 11:00 a 13:00 horas para continuar co seu coche de xoguete modificado e robotizado. Tamén quedamos con Carlos e Nelson en facer unha reunión os venres de 11:00 a 13:00 para os de 1º de Dam.

Como proxectos temos o coche de Gonzalo e Jairo. Ricardo apetécelle automatizar o seu galiñeiro. Tamén falamos de plantexarnos ir a algunha competición de robótica, polo que teremos montar un novo robot. E amais todo o que se nos ocorra e dependerá das gañas que lle poñamos.

O grupo esta aberto. Quen queira incorporarse, xa sabe!.