Na reunión do venres 29-11-2013 impartimos o seminario de motores. Xabier presentou os tipos de motores máis comúns utilizados na robótica (a presentación podedes consultala no enlace). Se describiron os tipos, comentáronse os principios de funcionamento e comentouse como funcionan os circuítos de control.
Este seminario ven a cubrir o final do percorrido que comezamos hai un mes, coa iniciación a programación do Arduino, detección de entradas dixitais-analóxicas, accionar saídas dixitais-analóxicas, adquisición de datos con sensores e finalmente traballar con actuadores (neste caso motores e sevos).
O seminario acudiron Victor, Breogan L, Carlos, Nelson, Gonzalo A., Roberto, Cristian, Ton, Ricardo, Marcos, Breogan G e Jairo.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Amosando publicacións coa etiqueta motores puente b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta motores puente b>. Amosar todas as publicacións
venres, 13 de decembro de 2013
Seminario de motores
Etiquetas:
Arduino,
automatizacion,
bridge-h,
Castelao,
club,
clube,
Daniel,
impresoras 3d,
motores puente,
puente H,
raspberry pi,
robotica,
robótica,
robots,
sensores,
Servo,
servomotores
venres, 4 de outubro de 2013
Voltamos
Pois si, estamos de volta.
O clube de Robótica do CFP Daniel Castelao inicia a súa andadura durante o curso 2013/2014. Temos novas incorporacións, novos obxectivos e novos proxectos.
Que imos a traballar? Pois imos a utilizar o microcontrolador Arduino, automatizar coa Raspberry Pi, esperamos poder traballar o deseño 3d para resolver os problemas mecánicos e por suposto pegarnos coa electricidade-electrónica.
O pasado 1 de outubro quedamos para a primeira reunión onde nos encontramos cos alumnos de segundo de Asir (Gonzalo e Jairo) e o noso exxxalumno Ricardo (as x son unha por ciclo cursado). Con eles quedamos os martes de 11:00 a 13:00 horas para continuar co seu coche de xoguete modificado e robotizado. Tamén quedamos con Carlos e Nelson en facer unha reunión os venres de 11:00 a 13:00 para os de 1º de Dam.
Como proxectos temos o coche de Gonzalo e Jairo. Ricardo apetécelle automatizar o seu galiñeiro. Tamén falamos de plantexarnos ir a algunha competición de robótica, polo que teremos montar un novo robot. E amais todo o que se nos ocorra e dependerá das gañas que lle poñamos.
O grupo esta aberto. Quen queira incorporarse, xa sabe!.

3D,
analoxico,
Arduino,
automatizacion,
Castelao,
club,
clube,
Daniel,
dixital,
motores puente,
puente H,
raspberry pi,
robotica,
sensores,
Servo,
servomotores,
skybot,
ultrasóns
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)