Os dous venres do mes de abril (3 e 10) estivemos dándolle voltas o Skybot.
O simpático do asunto é que non sabíamos que dende fora do clube se esperan as nosas modificacións. Dende o twiter de Obijuan xa aparece a referencia o Skybot v3.
Desgraciadamente a comunidade terá que esperar as nosas aportacións, xa que a impresora cada dous por tres se desaxusta e temos que estar revisando o que lle está acontecer. Isto atrasa o proceso de deseño e nos distrae do obxectivo.
Estes últimos venres estamos en pleno debate de ideas para para que o Skybot sexa multisensorial. Ademais do sensor de ultrasóns, estamos a pensar como incorporarlle sensores segueliñas (un clásico da robótica) e sensores de choque con microinterruptores ou un sistema estilo Joystick.
A otra liña de traballo é o trucaxe dos servos para convertilos a servos de 360º. Xa estivemos desmontando algún para estudalo e xa fixemos o pedido de potenciometros e servos para que vaian chegando do lonxano oriente.
Por último tamén propoñeuse unha solución o problema de deixar o portátil preso da impresora cando se imprime unha peza. Pensamos en instalar Cura ou Printrun nunha Raspberry. A instalación de cura foi infrutuosa, xa que non son compatibles as librerías de opengl do Cura coas da Raspberry. A boa noticia é que buscando a solución se encontrou un software que cumpre a función, Octoprint.
Octoprint é un servidor de impresión que permite subir os arquivos a imprimir, accionar e configurar a impresora, realizar o proceso de impresión e seguir o proceso remotamente. Pódese acceder a impresora vía web, subir arquivos dende calquera sitio, acender e apagar o dispositivo e visualizar a impresión mediante unha cámara web. As instruccións de instalacións as podedes encontrar no seguinte enlace.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario