Cada grupo escollía un sensor para conectar o Arduino as entradas analóxicas. Utilizando as librerías dispoñibles se recollían os datos e despois os presentamos na consola. Os que máis avanzados xa comezaron a tomar decisións cos bucles de control.

Os sensores cos que traballamos foron o flexómetro, potenciómetro, ultrasóns. Jairo, Breogán L e Victor optaron polo potenciómetro. Ton, Leo, Nelson e Carlos estiveron cos sensores de ultrasóns.Gonzalo A. atreveuse co flexómetro. Gonzálo C estivo pelexando co seu proxecto de robot.
Tamén despois de varias semáns apareceu Ricardo, sin equipos para traballar, pero quedou fichado para o seminario das impresoras 3D que tocará no próximo mes de decembro.