Despois de varias semáns traballando no deseño 3D co Openscad, hoxe (7-2-2014) veu Ricardo (@ricardo2perez) coa súa impresora.
O modelo é unha PrintRbot (bautizada co nome de Praticio Estrela) que é
filla dunha Prusa 2 , chamada Laura Palmer, armada por Alfredo
(@radikalbytes).
Contounos como a montou e os problemas e dificultades que tivo a hora de poñela en marcha. Nos presentou as ferramentas de sofware que utiliza para a configuración e impresión. Finalmente realizou unha demostración de impresión, unha roda do skybot de Obijuan.
Esta PrintRbot ten como firmware do Arduino o sofware Marlin. O software que usa para a impresión, Cura e Pronterface. Tedes neste enlace un interesante artigo que nos recomendou Ricardo, onde se fala tanto de Marlin como de Cura.
O custo da impresora, sen horas de montaxe foi aproximadamente duns 400 €. Non nos precisou o tempo que lle levou, pode que non o sepa ou non se queira acordar.
Segundo Ricardo a impresora todabía está en fase de axuste, xa que a vida, o traballo, e no seu caso os estudios, non lle permitiron adicarse como a el lle gustaría a traballar sobre ela.
A reunión asistiron Ricardo, Roberto, Carlos, Nelson, Iago, Pedro, Breogan, Juan, Ton, Breogan G. e a súa moza.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario