Na reunión deste venres (14-2-2014) tiñamos planeado facer a instalación dos programas para poder imprimir na PrintRbot que nos deixou Ricardo (@ricardo2perez).
Pero ese obxectivo o conseguimos a medias, xa que apareceu Ton co seu novo xoguete a medio montar: unha prusa i3. Chegáronlle as pezas un día antes e se pasou parte da noite montándoa. Pasamos un bo rato desfrutando do novo aparello e
comezando a facer castelos no aire, soñando con empezar a facer pezas para montar cadansúa impresora. Ou polo menos, eu o pensei.
Foi a primeira reunión onde por primeira vez sentín que eu xa pouco tiña que aportar o clube, e pola contra, a dinámica xa empeza a aportarme a min. Hai dúas semáns non sabíamos si iamos a ter posibilidade de ter impresora e continuar co planeado. Dúas semáns despois, imos a ter posibilidade de ter ese equipamento por duplicado.
O fin instalamos as aplicacións, parametrizamos a PrinRbot e despois de mercar un bote de laca Nelly (recomedada por Ricardo) tivemos un intento fallido de impresión.
Na reunión estaba Nelson, Victor, Breogan, Ton, Roberto.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario