luns, 18 de novembro de 2013

Trasteando cos sensores

Na reunión do venres 15 de novembro estivemos utilizando os sensores que presentamos a pasada reunión.

Cada grupo escollía un sensor para conectar o Arduino as entradas analóxicas.  Utilizando as librerías dispoñibles se recollían os datos e despois os presentamos na consola. Os que máis avanzados xa comezaron a tomar decisións cos bucles de control.

Os sensores cos que traballamos foron o flexómetro, potenciómetro, ultrasóns. Jairo, Breogán L e Victor optaron polo potenciómetro. Ton, Leo, Nelson e Carlos estiveron cos sensores de ultrasóns.Gonzalo A. atreveuse co flexómetro. Gonzálo C estivo pelexando co seu proxecto de robot.

Tamén despois de varias semáns apareceu Ricardo, sin equipos para traballar, pero quedou fichado para o seminario das impresoras 3D que tocará no próximo mes de decembro.

2 comentarios:

  1. Ola, antes de nada parabéns polo traballo e a documentación. Son Tucho Méndez e dou clase no CPI do Pichel en Coristanco, estamos a tentar facer un pequeno clube de fedelleiros que quedamos os luns pola tarde. Gustaríanos poñernos en contacto con algún de vós para ver se organizamos algunha actividade en conxunto algún día ou, simplemente, para manter o contacto. O meu correo é tuchodefresa, en gmail punto com.
    Saúdos!

    ResponderEliminar
  2. Por certo, somos @PATACALABS en twitter!

    ResponderEliminar