Pois si, estamos de volta.
O clube de Robótica do CFP Daniel Castelao inicia a súa andadura durante o curso 2013/2014. Temos novas incorporacións, novos obxectivos e novos proxectos.
Que imos a traballar? Pois imos a utilizar o microcontrolador Arduino,
automatizar coa Raspberry Pi, esperamos poder traballar o deseño 3d para
resolver os problemas mecánicos e por suposto pegarnos coa
electricidade-electrónica.
O pasado 1 de outubro quedamos para a primeira reunión onde nos
encontramos cos alumnos de segundo de Asir (Gonzalo e Jairo) e o noso
exxxalumno Ricardo (as x son unha por ciclo cursado). Con eles quedamos
os martes de 11:00 a 13:00 horas para continuar co seu coche de xoguete
modificado e robotizado. Tamén quedamos con Carlos e Nelson en facer
unha reunión os venres de 11:00 a 13:00 para os de 1º de Dam.
Como proxectos temos o coche de Gonzalo e Jairo. Ricardo apetécelle automatizar o seu galiñeiro. Tamén falamos de plantexarnos ir a algunha competición de robótica, polo que teremos montar un novo robot. E amais todo o que se nos ocorra e dependerá das gañas que lle poñamos.
O grupo esta aberto. Quen queira incorporarse, xa sabe!.
Clube de Robótica do Centro de Formación Profesional Daniel Castelao de Vigo. Formado por alumnos e profesores que no noso tempo libre nos adicamos a fedellar, destripar e cacharrear con motores, servos, microcontroladores e ordeadores co obxectivo de crear robots ou automatizar cousas. Utilizamos ferramentas de software libre e hardware libre, como os microcontroladores Arduino, o ordeador Raspberry Pi, as impresoras 3d, a electrónica.
venres, 4 de outubro de 2013
Voltamos
Etiquetas:
3D,
analoxico,
Arduino,
automatizacion,
Castelao,
club,
clube,
Daniel,
dixital,
motores puente,
puente H,
raspberry pi,
robotica,
sensores,
Servo,
servomotores,
skybot,
ultrasóns
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ola a todos! Me alegro de que el espíritu del club no se quedara en la playa (o en aquella fantástica victoria en el concurso de baile de Chequia). Espero que montéis un buen grupo y que los proyectos salgan adelante. Y ya sabéis, si queréis presentar algo en São Paulo, estáis todos invitados. Hay sitio de sobra para dormir en Guarujá ;)
ResponderEliminar