domingo, 1 de marzo de 2015

Que foi do clube neste tempo de silencio?


Case fai un ano da última entrada do caderno de bitácora do clube de Robótica do Daniel Castelao. Que pasou durante este tempo? Se disolveu o grupo? Caeu un meteorito e non deixou nin rastro dos seus membros?


Nos últimos meses do curso pasado, seguimos activos, pero non foi unha actividade moi describible no caderno. Despois dun principio de curso con moito contido formativo, Arduino, deseño en 3D, estivemos ocupados resolvendo problemas da impresora de Ricardo e deseñando os cambios no robot skybot.

O non ter unha data de remate, un evento onde participar, un obxectivo, a finalización do robot quedou un pouco diluída. O fin de curso tamén tivo que ver niso, nos como profes (Xabier, Ton e eu) e os alumnos (Nelson, Carlos, Gonzalo, etc) non tivemos os folgos suficientes como para rematar o curso coa mesma enerxía coa que empezamos.

Hai que destacar, que nese tempo, contactaron con nos os do GDG de Vigo para participar nun evento na escola de Teleco (Keep Calm and build a robot!). No evento ademais de asistir parte do clube, presentaron Xabier e Ricardo un traballo sobre NFC e a impresora 3D.


Empezamos o curso 2014-2015 con problemas de horarios Xabier e eu. Non temos nin unha soa hora libre que nos coincida. Isto nos impediu plantexar a actividade como o ano pasado. Polo que este período dende o principio de curso ata agora o clube estivo aletargado, cada un cos seus proxectos persoais. E algún froito xa demos, xa que o pasado  19 de febreiro, Xabier e eu presentamos no CiTIUS de Santiago o noso programador de rego "ReGo". Foi no evento My drone is cool & my 3D printer too ! do gdg de Santiago, xunto con Ricardo que levou a súa impresora.



Tamén estivemos traballando sobre as impresoras, despois de que Ton o curso pasado nos conseguira o marco para poder montala. Eu teño a miña empezada e por fin imos a ter impresora propia no cole, unha Hephestos. A verdade que o empurrón que nos deu Ton e de agradecer, xa que ademais dos marcos, temos dende o principio do curso a súa impresora permanentemente no laboratorio de robótica.

Así que todabía estamos vivos, e coa máquina engraxada!


Ningún comentario:

Publicar un comentario